domingo 5 de julio de 2009

O ESMORECEMENTO DO GALEGO (14)

O caos normativo pode levare o idioma á súa desaparición, Case non hai día no que non se acendan novas alarmas, como a que se comenta en función dunha noticia dada hoxe por La Voz de Galicia.
-
Pontevedra, 6.07.2009
-
Entrada 1010 do blog
-
O ESMORECEMENTO DO GALEGO,
A CAÍDA DE FALANTES,
por Xesús López Fernández
-
Os equipos de normalización lingüística e o PP están preocupados pola caída de falantes do noso idioma. Onte mantiveron unha xuntanza representantes da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística con representantes do PPdeG, na que ámba-las partes coincidiron en sinala-la evidencia da diminución de galegofalantes. Apostaron tamén por lle daren un impulso ó idioma. ¿Cómo, con máis inmersión nas normas da deriva cara o encontro coa normativa ortográfica concordada en Lisboa polos ayatoláhs do luso-galaico-brasileiro-caboverdiano, tamén de Angola, Mozambique e de Timor?
-
Parece que polo PP falaron dous representantes con sentido común: Ramón Rodríguez e Agustín Baamonde, que insistiron na necesidade de reflexionare sobre a política lingüística de toda a etapa autonómica, mentres que a coordinadora entregou un decálogo de "consenso" pra recupera-lo diálogo sobre o galego na educación.
-
¡Pero se o que está a acontecere, a presunta morte da fala está orixinado pola fractura da súa psicoloxía, por actuaren sobre o idioma con criterios políticos, ademáis de ortográficos e morfolóxicos alóglotas, por tentaren traballa-la alma colectiva do noso pobo dend´a óptica pseudolusa duns nazionalistas fracasados!.
-
Pola banda socialista Manuel Vázquez dí que non se debe dramatizar no tema do idioma, qu´a guerra da fala é cousa de Feijóo. E non é así. O idioma está sendo dinamitado dend´as diversas normas, a do 1983 e a aprobada pola RAG do señor Barreiro, pra vergonza de todos. O mal do idioma non é Feijóo; son as normas pouco intelixentes de que foi doutado o idioma. E, por desgracia, a propia RAG.
-
É decir, estamos ante un fracaso total da política lingüística. O idioma precisa de restauradores, non de inventores incapaces. A RAG só pode notariar, nunca convertirse en laboratorio de horrores.
-
Enlace:

SABUCEDO, DE LUTO

Espectacular foto do curro de Sabucedo, edición 2009.
Aloitadores no curro de Sabucedo
-
Pontevedra, 5.07.2009
-
Entrada n. 1009 do blog
-
SABUCEDO, DE LUTO,
por Xesús López Fernández
-
Onte, primeiro sábado de Xullo, arrancaba o curro de Sabucedo. E facíao con mal pe, coa desgracia da morte dun dos seus, Luís Álvarez Bouzas, morto de forma inesperada na arrancada desta edición da Rapa das Bestas. Foi en Souto, ónde se tiña desprazado Luís con algús amigos e veciños, cos que saíra da súa aldea pola ialba pra participare, como tódo-los anos, na xunta dos cabalos pra vivire, con toda intensidade, o ceremonial que xira en torno á montaxe do Curro. Pero todo aconteceu de forma célere e nada se puido facer. Luís, policía xubilado, 62 anos, caeu fulminado, parece que a causa dun infarto. A noticia correu ante a incredulidade dos máis achegados. Un auténtico mazazo. A organización decideu suspende-lo curro previsto pra hoxe.
-
Enlace: El Correo Gallego: A Rapa vístese de luto
El Correo Gallego, 6.07.2009: Máis que mil palabras.

sábado 4 de julio de 2009

ESTRICTOS, ESTREITOS

Beiras, que no seu día acusou de cínico a Touriño, dixo agora en Trasalba, ónde asistiron Barreiro e Villares, que aumenta o número d´enanos e qu´o ataque ó idioma dend´o poder é preludio de que se quer acabare con Galicia. Pero a guerra ó idioma ven xa de moi atrás, comezando polas normas do 1983, normas da deriva ó portugués, de conversión da nosa fala nunha lingua de opereta.
Barreiro e Villares estiveron ausentes no acto de Santo Domingos de Bonaval, d´entrega das medallas Castelao.
-
Pontevedra, 5.07.2009
-
Entrada n. 1008 do blog
-
Artículo semanal-
-
Estrictos, estreitos,
por Xesús López Fernández
-
O idioma galego está a ser obxeto de debate en diversos foros e instancias. E o debate social, que nunca existeu á marxe dun presunto e mero aceptar pola RAG de normas que non parecen ter sido elaboradas con rigor, pode estar aflorando desta volta. Percíbeo así un gran sector da sociedade, que mesmo se sinte traicionada. Natural, porque esa sociedade foi a forxadora do idioma, pois na conformación das linguas son normalmente as sociedades, incluso ágrafas, as que entenden chegádo-los tempos pra lle daren protagonismo a cada palabra, cando coidan completada a súa maduración despois dun longo e secular camiñar dende que Roma, no noso caso, chegou á península alá polo ano 218 antes de Cristo. Solermiñamente, o latín foi asimilando tamén palabras do tronco indoeuropeo, palabras que se fixeron, se cabe, celtolatinas antes de conformárense como galegas, como poden ser algús dos sustantivos que dan nome a partes do carro do país: “cangas, camba, cambón, chedas, chedeiro…..”. Nestas dúas ultimas palabras dáse a mesma palatalización que en “clamare, plorare, clave…(chamar/e, chorar/e, chave..)”.

Son evoluciós ó longo de séculos, porque o idioma nunca tivo presa en se formar. Incluso pode volver sobre os seus pasos pra retomare palabras xa deixadas, pero con outra carga semántica. Así, a fala retoma “clave”, con outro sentido. I eso ten pasado tamén con moitísimas outras. E si de “strictum” nace “estreito”, tamén “estricto” deriva da mesma matriz. Incluso o Diccionario fainos sinónimos, pero son dúas palabras con distinto sentido: unha rúa estreita; un académico estricto. Coido que o rigor que implica a última palabra faltou na posta en marcha das normas ortográficas e morfolóxicas do noso idioma, tanto as do 1983 como as aprobadas pola RAG do señor Barreiro. Encanallouse o debate da lingua ó pasar dela como creación social e inventaren formas non asentadas na tradición oral do mesmo. Sigue sendo certo o afirmado por Vicente Risco. Non soubemos tratar científicamente o leigado cultural de Rosalía e Curros; que mesmo pasamos do canon do Diccionario Enciclopédico de don Eladio Rodríguez, pra Alonso Montero, hai poucos anos, o mellor diccionario galego, que eu conservo como manual de cabeceira.

A lingua está claramente ferida porque, con evidente estreitez, tentaron facer dela un instrumento político e, pouco estrictos á hora de construir un verdadeiro debate académico, non atopan os diversos poderes un camiño certo de rexeneración, de restauración idiomática. ¿Cómo se pode decir que cando dende o poder queren acabare co idioma é porque tamén se quere acabar con Galicia? ¡Pero se do idioma de Rosalía ou Curros, de Risco ou Fole, de Cunqueiro ou Blanco Amor xa pouco queda! Existe un claro divorcio social en relación coa política de inmersión a partir do decreto de normalización lingüística ou da deriva promovida por outras instancias e plataformas. O señor Villares afirmaba tamén o 27.06 que a mensaxe da política lingüística da nova Xunta era clara: “Abriuse a veda sobre a lingua galega”. ¿Por qué non pensar que ata o dagora fixeran, os outros, un coto privado da nosa fala, pra ila sometendo estreitamente ós seus ritmos e cambios previstos?

Parece que quixeran facer do galego unha lingua revolucionaria, cando podemos pensar nela como conservadora. Están vivas as dúas tendencias, as marcadas polo “talante” [a permanencia] e polo “semblante” [o cambio], terminoloxía usada polo filólogo Emilio Lorenzo. Alex Grijelmo engade que hai quen cree que no idioma alentan contínuos cambios e, con certo aire trotskista, a evolución permanente que, según este autor, afectaría soamente ó semblante que algús poden promover cunha certa enxeñería. E. Coseríu defende o protagonismo do falante inxenuo como decisivo. Penso agora en dous nenos: un chamáballe “enrediños” ós xoguetes; o outro “alcanses” [alcances], a uns prismáticos. Pra lección, rigor infantil, idioma nacente.
-
Observación: Máis estrictos estes nenos qu´os académicos.

viernes 3 de julio de 2009

CABALIÑOS DE MAR

lindos cabaliños de mar. Ver enlace ó pé.
Cabaliños de mar, hipocampos, no mar d´Arousa. Foto n´El Correo Gallego.
-
Pontevedra, 3.07.2009
-
Entrada n. 1007 do blog
-
CABALIÑOS DE MAR,
por Xesús López Fernández
-
É unha das especies en peligro, declaradas protexidas. A verdade é que, na miña vida, só vin no seu medio natural un cabaliño de mar, perto da ponte do Burgo, cando as augas que penetraban e preñaban o fondo da ría eran limpas. Pola banda esquerda, camiñando da ponte do Burgo cara á da Barca, nos primeiros escalóns de servicio qu´alí existían, tiven ocasión de reparare nele. A verdade é que me pareceu indefenso. Debeu ser sobre o 1945 ou 1946. Aínda non sonaran as alertas en relación coa ría. Coido era a época de Hevia, o mellor alcalde pontevedrés da Historia. Aínda os depredadores políticos non soñaran con Tafisa ou a Empresa Nacional de Celulosas, ou en traballaren esos terreos como solares; en ir redactando a esquela de defunción deste ecosistema que xa case vive o tempo da postmortem. Pero aínda parece lonxe o xuicio dos culpables do crime de lesa natureza aquí cometido.
-
Pero as augas da ría d´Arousa [¿por qué non as de Pontevedra, tan saneada según Lores?] xa dan acobillo ós primeiros exemplares de cabaliño de mar criados en cautividade pra seren reintroducidos no oceano. Trátase dun proiecto pioneiro do CSIC, a nivel mundial. A iniciativa vai evalua-la posibilidade de recuperación dos cabaliños de mar ou hipocampos a partir de exemplares nados en laboratorio. Estos exemplares son conocidos como narizós e a noticia semella un tanto anecdótica porque son dez os exemplares que deixaron ceibes no mar d´Arousa; sería a primeira vez na que se lograría a imprantación da especie por medios artificiales. Difícil maxinar que estos animaliños, tan fráxiles, poidan estar en libertade vixiada, con marcadores pra seguiren a súa evolución. Aínda que unha especie fráxil, é unha das 17000 sobre as que existe a alarma dunha posible extinción, unha de tantas feridas polas que a Biodiversidade do planeta vaise apagando día a día.

-

O ESMORECEMENTO DO GALEGO (13)

Novamente o icono do caos normativo, referente á causa principal do esmorecemento e posiblemente da morte próxima do noso idioma.
-
Pontevedra, 3.7.2009
-
Entrada n. 1006 do blog.
-
CERVIÑO E MEIJÓN PIDEN CONSENSO,
por Xesús López Fernández
-
Conozo a Cerviño e a Meijón, ambos de Pontevedra, que a pouco que miren pra atrás han comprender qu´o problema da lingua galega non é GB, que pide libertade. Poden estar seguros de que, neste momento, somos moitos os que nos solidarizamos con GB, incluso no sector dend´o que viñemos a facer defensa do idioma galego á lus do maxisterio de Sarmiento ou de Fole ou Risco, de Lugrís ou de don Eladio; mesmo de Alonso Montero nalgún momento do seu discurso, ou de Xesús Ferro Ruibal.
-
Farruco Cerviño, fillo de Francisco Cerviño, o home de Daría González, debe ter presente, moi presente, o galego que falaban os seus pais, especialmente o pai, un pouco o primeiro profesor de Méndez Ferrín, que tamén comezaba a falare galego naqueles 53-5, conmigo. Da miña relación de amistade persoal e política con Daría dá constancia un artículo a ela dedicado, titulado "Carta nacionalista a Daría", incluído neste blog.
-
En relación con Guillermo Meijón podo decir que teño falado con el de certas cousas da lingua cando el non tiña a responsabilidade que nel acabaría delegando o seu partido. Do artificio derivado das normas do Diktatt, deso en especial teño falado con el, e aquí o deixo dito pra esa constancia mínima que representan os blogs, especie de graffitti en ignorados calexóns.
-
A GB pediríalle que non cedese, pero centrando máis a súa reclamación, ademáis de no seu proiecto de libertade, na posibilidade de libertade tamén pra qu´o pobo galego recupere o seu idioma, clamar polo espiollamento da infección inserida polos ayatoláhs da MNL ou pola propia RAG que, autista ó longo d´anos, someteuse ó dictado dos trostkistas, que diría Coseríu.
-
Enlace: El Correo Gallego, 3.07.2009. Cerviño recibe a GB e pide consenso.

jueves 2 de julio de 2009

MIGUEL ÁNXEL

Suponse que é un autorretrato de Miguel Ánxel, o célebre pintor i escultor italián, pintor dos frescos da Capela Sixtina recentemente restaurados mediante un rigoroso traballo subvencionado polo goberno xaponés. A noticia da aparición deste posible autorretrato na capela Paulina do Vaticano, foi tomada d´El Correo Gallego desta data. Tamén a foto.
Era tal a perfección que Miguel Ánxel buscaba nas súas obras que se dí incluso que, despois de rematado o Moisés (que aparece na miña fotografía do ano 2007, en San Pietro in Vincoli), o artista guindoulle un mazo contra unha perna ó tempo que lle ordeaba: ¡Parla!. (Clicade na foto pra vela en grande)
La Pietá, outra das súas grandes obras, xunto co David que se expón en Florencia. La Pietá foi agredida por un húngaro enaxenado. Hoxe, exquisitamente restaurada, permanece blindada. Coido que foi tamén o Xapón o que financiou a restauración.
-
Pontevedra, 2.07.2009
-
Entrada n. 1005 do blog
-
Tería que facer un descanso na marcha do blog. Estou afanado en melloralo i en restauralo, porque moitas das primeiras entradas, centos, permanecen con caracteres sobredimensionados. Como cambiei de navegador en tres ocasiós, coido que o caos organizado por momentos débese a eso. Aínda demorarei en sanealo na súa totalidade, o que deixo dito a modo de disculpa, así como de afirmación de mante-la intención de mantelo como un blog totalmente independente.
-
Podo decir que, en certo sentido, fixen del a miña pequena patria, un lugar no que fago apoloxía de diversos valores e do propio idioma galego. Digo galego, non galegués. A ver se, sobre este particular, arranco cunha serie de entradas, de estudios de palabras, aínda que sen confianza de que sirva pra nada en contra da política trotskista do cambio continuo, cando realmente os idiomas van cambiando solermiñamente, e as xentes homildes, mirando pra sí, buscando no seu interior, van atopando as palabras precisas.
-
Pero agrádame deixar na entrada d´hoxe as pequenas notas sobre Miguel Ánxel. Sguen enlaces:

miércoles 1 de julio de 2009

VARIAS DO DÍA

A casa consistorial pontevedresa cáese a anacos. Na fotografía publicada por La Voz de Galicia, aprécianse os restos dunha moldura caída hai uns días. A silla que nela se aprecia é a mesma na que César Mosquera fixo unhas declaraciós ós medios. O concellal do PP, Jacobo Moreira, bromea cos desprendementos que se producen no edificio e dí que son un pouco símil da caída do goberno do Bloque. Coido que non lle falta razón.
-
Enlace. La Voz de Galicia, 1.07.2009: O Axuntamento de Pontevedra cáese a anacos.
-
Pontevedra, 1.07.2009
-
Entrada n. 1004 do blog.
-
Trátase dunha especie de sofrito, miniperiódico no que inclúo hoxe, aínda non sei por què, un cóctel de noticias. Seis, aínda que cada unha merecería unha entrada individualizada.
Peixes mortos, no Gafos. Medio Ambiente culpa ó Concello de Lores "que tanto vela polo saneamento". Vaipolorrío tamén avisa de que a contaminación foi denunciada diversas veces. Cinco, según Medio Ambiente.
-
Plataforma 19J. A fotografía non dá a sensación dunha gran presencia, algo que parece que xa quedou claro. A gran rabia cidadáa pontevedresa poderiase canalizar contra Lores e o seu equipo, contra o mal que levan feito a esta cidade ó longo de dez anos.
-
A Plataforma 19J quer promovere agora a abolición do decreto da Xunta, o que parece ter máis sentido que non a fracasada manifestación. Informa Faro de Vigo, 1.07.2009.
O pazo dos López de Lemos, reconvertido pró turismo rural, unha excelencia prá Ribeira Sacra. Os López de Lemos foron señores de Sober e de Ferreira, xeografía relacionada cos meus ancestros: Monforte, Sober, Ferreira de Pantón.
-

Fraga, a punto de se sobir ó A8 oficial. A Cámara pide agora que se fiscalicen tamén os coches de Fraga. Eso ten sentido, porque a corrupción xoga a tóda-las bandas.

Enlace: El Correo Gallego, 1.07.2009: La Cámara pide que se fiscalicen los Audi adquiridos por Fraga.

Kim Tae Wo, unha coreáa budista que peregrinou a Santiago polo amor que ten á Virxe. Na foto, á súa chegada de Pamplona. Curiosamente, esta noticia prodúcese ós dous días doutra pola que se nos informaba da chegada a Santiago doutro camiñante oriental, un xaponés que leva feito o Camiño tres veces, do que se informa nunha entrada interior.